Generación Eco nace para axudar ao profesorado a divulgar e fomentar entre os alumnos a sostibilidade como una tarefa que hai que seguir no noso día a día. Por iso queremos ter unha comunicación fluída, que nos preguntedes, que nos propoñades, en Generación Eco queremos facilitarvos as clases e para iso precisamos a vosa colaboración.
Pero para calquera suxestión, non dubides en chamar ao 667 649 290 ou escribir a aulasoporte@generacioneco.es
Poderás atoparnos de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00h.
Coidar o medio ambiente é importante, mais tamén o é convertirte nun axente impulsor do cambio. Por iso, queremos recoñecer o teu esforzo cos nosos diplomas, un simple xesto que acredita a túa implicación e coñecementos en prol da sustentabilidade.
Con cada proposta presentada poderás coñecer os beneficios medioambientais que acadastes como centro educativo. Ademais, recibiredes, ao final da edición, un certificado dixital coas reducións que conseguistes avalado por Ecovidrio.
Este ano, para divulgar o labor de todos os e as profes participantes, creamos o premio ao Mellor Equipo Docente do Ano, que recibirán todos os profes do centro gañador da nosa clasificación. Un xesto simbólico, que se materializa nun trofeo único, por suposto de vidro reciclado, e nunha reportaxe xornalística.
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de permitir a túa navegación, elaborar información estatística e analizar os hábitos de navegación. Deberás aceptar expresamente para que se instalen as cookies que non sexan de carácter técnico. Podes facer clic en Aceptar para permitir o uso de todas as cookies. Tamén podes rexeitar todas, ou elixir que tipo de cookies desexas aceptar ou rexeitar, mediante a opción Configurar Cookies.
Podes obter máis información na nosa Política de Cookies.