Para recoñecer o esforzo do profesorado, ao finalizar o curso entregaremos o premio ao mellor Equipo Docente do Ano ao centro que sumase máis puntos na nosa clasificación.
Sorteamos 10 packs de 10 miniglús Disney entre os centros que presenten un reto antes do 26 de xaneiro.
Con cada reto saberedes o aforro de Co2 e auga que estades conseguindo. A nosa calculadora realiza os cálculos en función dos alumnos participantes.
Generación Eco é un programa educativo gratuíto, creado por Ecovidrio e apoiado por distintas comunidades autónomas para impulsar o coidado do medio ambiente, a través da resolución de problemáticas socioambientais e o traballo en equipo.
Único programa con calculadora para medir o teu aforro de CO2
Generación Eco nace para axudar o profesorado a divulgar e fomentar entre os alumnos a sostibilidade como unha tarefa que hai que seguir no noso día a día.
Podes facelos todos, un, dous… o importante é que participes. Dende o comezo do curso estarán dispoñibles para que os adaptes ao ritmo das túas clases.
Elaboramos unha listaxe coas dúbidas máis comúns. Mais, para calquera consulta, non dubides en contactar connosco.
Responde ás nosas 19 preguntas para coñecer o estado actual de sostibilidade do teu centro educativo.